Ed. Responsable




















CURSO 2014/15. BANCO DE FERRAMENTAS 3. EDUCACIÓN RESPONSABLE




Este é o Padlet que recolle os traballos realizados durante as sesións de Educación para a Cidadanía. Máis abaixo, está a descrición de todos eles.





TAREFA NÚMERO 1: O papel da Cidadanía

Visionado do video de Macaco. Normas de comportamento. O papel da cidadanía.



Toda a tarefa está en Google Docs. A entrega será por este medio, antes do 20/10/2014.


TAREFA NÚMERO 2: A necesidade da empatía

Visionado do video publicitario "Cuidate mucho". Debate e reflexións sobre a empatía como unha cualidade necesaria para vivir en sociedade. Actividade incluída no programa Educación Responsable. Como resultado, gravamos un video que nos expón diversos momentos en que é preciso pensar no ben dos outros, colocándonos no seu lugar.



TAREFA NÚMERO 3: A importancia da autoestima

Visionado do video publicitario "No eres buena, eres mejor". Debate e reflexións sobre a autoestima como unha cualidade que nos fai máis fortes e mellores persoas, polo tanto, mellores cidadáns. Valorarse a un mesmo é a mellor forma de aprender a valorar os outros. O espíritu crítico debe incluirnos a nós mesmos. Actividade incluída no programa Educación Responsable. Como resultado, o alumnado creou este vídeo de autoestima grupal:




TAREFA NÚMERO 4: A importancia das emocións 

Visionado do vídeo pertencente á película "Up". A partir del, debate e reflexións sobre a importancia das emocións. Logo, fixemos unha selección de dúas emocións básicas e decidimos descubrir cal é a cor asociada a elas. para iso, elaboramos cartaces con gráficos que indican claramente cales son esas cores para nós. Participantes: clases de 6º, 1º e 2º, así como o profesorado asistente ás sesións.
Este é o resultado:




Comprobamos que para os nenos que estiveron nesta actividade, a tristeza é claramente negra, e a alegría píntase de marelo. Xa temos un código novo!!

Podedes ver aquí imaxes do día.






TAREFA NÚMERO 5: Un febreiro de amores 

Visionado do vídeo e Role Play. Despois do debate e da recreación da situación que se deriva da escena da película, pídese aos alumnos que se sitúen na pel de cada un dos protagonistas: nai, namorada e namorado. Despois solicítase a escrita dunha carta de amor na que ten que aparecer:

-Destinatario da carta.
-Situación persoal do remitente.
-Explicación dos sentimentos que ten.
-Solicitude que fai ao destinatario.

Todas as cartas entrarán a concurso no Entre Letras de Febreiro. 

Esta é a recompilación das cartas de sexto.


TAREFA NÚMERO 6: Normas de comedor 

O alumnado de 6º está a participar como convidado no proxecto europeo "Luz Digital" que se está a desenvolver na aula de PT do centro. 

Neste proxecto, pretendemos dar "luz" a aprendizaxes significativos para os nenos.

A colaboración dos alumnos de 6º en Cidadanía é a reflexión e posterior redacción dunhas normas que sexan de aplicación no comedor escolar.

INICIO DA ACTIVIDADE: ELABORACIÓN DE VÍDEOS COAS NORMAS E O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR:









DESENVOLVEMENTO DA TAREFA: REDACCIÓN EN DOCUMENTO COLABORATIVO CON TURQUÍA E PORTUGAL, DAS NORMAS COMÚNS DOS COMEDORES DOS CENTROS SOCIOS DO PROXECTO

ELABORACIÓN DUN CARTAZ COAS NORMAS

FINALIZACIÓN DA TAREFA: PRESENTACIÓN DO CARTAZ NO COMEDOR ESCOLAR, PREVIA APROBACIÓN POLA ENCARGADA DE COMEDOR.

(VER O BLOGUE DO PROXECTO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario