Na tarde do día 9 de marzo inciamos, no centro, unha nova
liña de traballo dentro da de Aprendizaxe entre Iguais que levamos
desenvolvendo desde hai anos, pero cunha importante variación: o alumnado de 6º
foi profesor dun grupo de país:
OBRADOIRO DE TICS PARA PAIS
O contido do obradoiro foi o uso das ferramentas de Google:
correo electrónico e documentos compartidos de Drive.
Á sesión de formación asistiron varias nais e participaron
de forma activa ante as tarefas propostas polo alumnado responsable.
A organización foi compartida polo centro e a Asociación de
Pais e Nais.