martes, 15 de diciembre de 2015

Cinema en Curso. Sesión Pre-Navideña

I

Preparándonos para a visita de Marcos Flórez, o noso cineasta de cabeceira, estivemos montando vídeos de Travelling e algún máis de Diario dos Espazos. Podedes acceder a todos eles no cartafol compartido en Drive.


Como cada conmemoración, o Nadal vén, este ano, cos cores e aromas do cine... Por iso, BiblioLío organizou unha exposición de libros para mostrar e suxerir novos préstamos.




A decoración navideña ten una estética claramente cinematográfica... e... haberá máis sorpresas, neste sentido!

Polo de agora, aproveitar a sesión do 15 de decembro....





A sesión de hoxe incluiu a análise dos travellings que fomos montando, atentos aos consellos que Marcos Flórez nos foi dando e que mellorarán, seguro, os próximos.
Tamén descubrimos que o centro de Cangas, compañeiro de Cine en Curso, fixo un comentario moi positivo aos nosos raballos de Diario dos Espazos.

Comezamos a ver as características do retrato, como técnica, e fixemos as nosas primeiras gravacións.

A gravación de retrato tivo como protagonistas a Ana e Toñi que, como sempre, colaboran e facilitan o noso traballo. As catro escenas gravadas, todas na cociña, correron a cargo de catro grupos. 



Mentres se realizaban as tomas, o resto do alumnado traballou en dúas liñas diferentes:

- continuar co avance no Caderno de Cinema.

- avanzar na montaxe de travellings.

Durante a tarde, negociamos sobre o modo en que montaríamos o noso retrato e comezamos coa súa edición.

Este é o vídeo coas imaxes do día, realizado por Jorge, de sexto.






Máis sobre o Nadal 2015:

No hay comentarios:

Publicar un comentario