miércoles, 16 de marzo de 2016

Na ópera, en Nogais

O pasado día 15, fomos disfrutar dunha introdución á ópera, no colexio de As Nogais.

Foi superdivertido e aprendimos vocabulario e coceptos relacionados coa música.

Podedes ver os mellores momentos do día neste vídeo, e abaixo, accededes ás imaxes do día.



jueves, 10 de marzo de 2016

OBRADOIRO TIC PARA PAIS

Na tarde do día 9 de marzo inciamos, no centro, unha nova liña de traballo dentro da de Aprendizaxe entre Iguais que levamos desenvolvendo desde hai anos, pero cunha importante variación: o alumnado de 6º foi profesor dun grupo de país:


OBRADOIRO DE TICS PARA PAIS

O contido do obradoiro foi o uso das ferramentas de Google: correo electrónico e documentos compartidos de Drive.
Á sesión de formación asistiron varias nais e participaron de forma activa ante as tarefas propostas polo alumnado responsable.

A organización foi compartida polo centro e a Asociación de Pais e Nais.

Estes son os mellores momentos do día.

miércoles, 17 de febrero de 2016

CINEMA EN CURSO: O MAPA DA NOSA PELÍCULA

Neste mapa iremos ubicando todos os lugares nos que filmamos para a nosa película. Todo está a punto de comezar e queremos deixar constancia das nosas viaxes.


CINEMA EN CURSO: O MAPA DAS NOSAS FILMACIÓNS

Estamos actualizando o mapa cos espazos nos que filmamos algún plano.

Queremos compartilo convosco, aínda que nos quedan moitos lugares por visitar, por filmar, por engadir neste GoogleMap.

Esperamos que vos guste:


lunes, 15 de febrero de 2016

DATAS PARA CINEMA EN CURSO

Neste calendario inserimos as datas de celebración das próximas sesións de Cinema en Curso. Podedes consultar aquí cando as teremos:


jueves, 14 de enero de 2016

De excursión!

Para o programa CInemaEnCurso e para o noso EntreLetras decidimos saír de excursión. 

Visitamos a oficina de Correos e a tenda do Guarnicioneiro de Becerreá. Pola tarde, fomos ata Gota a Gota, unha destilería da vila.

En Correos disfrutamos da visita guiada que nos fixo María, a nai de Cristina. 

Tanto en Correos como no Guarnicioneiro e en Gota a Gota filmamos retratos.

Este é un resumo do día. 





E estes son os nosos retratos:




Podes ver aquí o aproveitamento da visita no EntreLetras: Carteámonos pola paz